O alcalde de Oleiros reuniuse esta mañá na Casa do Concello coa Confraría de Pescadores da Coruña. Ángel García Seoane comunicou que por parte do Concello se facilitarán os trámites necesarios para a creación dun punto de control e venda de marisco, tal e como reclaman os mariscadores.
Aínda que a zona na que a Confraría pretendía utilizar inicialmente non será posible pola afección das futuras obras da ponte pasaxe, o alcalde propuxo a zona do antigo parque de marisqueo coñecido como Petra Sabio. Un emprazamento ideal tanto para os mariscadores de a pé como para os que faenan en lanchas.
Será a Xunta quen deberá agora autorizar ese punto. Por parte do Concello, tal e como se comprometeu o alcalde, non haberá ningún tipo de impedimento para a actividade.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.