As concelleiras non adscritas levarán ao último pleno do ano unha iniciativa para apoiar a decisión da Facultade e reiterar o rexeitamento á multiplicación do grao
Pide que se alcance un consenso, apoiándose na comunidade universitaria, “en base a criterios académicos e científicos” e cun horizonte claro de estabilidade “xa que o documento actual limitábase ao 2029”
Avanzar en colaboración pero facelo de xeito consensuado, é a liña na que se manteñen as concelleiras non adscritas fronte a polémica proposta de descentralización do grao de Medicina que tivo o rexeitamento da propia Facultade. Unha decisión que Mercedes Rosón comparte e respalda xa que “esa primeira proposta adoece dunha análise rigorosa das implicacións académicas desta decisión e debilita á USC”.
Rosón lembra que na actualidade a docencia práctica do grao xa se realiza en tódolos hospitais das 7 grandes cidades e os seus centros asociados e que arredor do 78% da docencia xa está descentralizada. Agora ben, “o reforzo da colaboración debe ser pactado e acordado, poñendo por diante os intereses académicos e do propio alumnado” recalca.
Nese sentido, insiste en que a Xunta da Facultade amosouse en disposición de negociar, colaborar e propor melloras construtivas, “pero fundamentándose en criterios académicos e científicos”. Ese debe ser o camiño segundo a concelleira non adscrita que pide que se retome a negociación de xeito partillado: “debe chegarse a unha resposta consensuada, sobre todo coa comunidade universitaria que é quen mellor coñece as necesidades académicas”. Pide, polo tanto, que se lle dea continuidade á negociación para alcanzar un acordo “beneficioso” para todas as partes e, sobre todo, que ofreza un horizonte claro de estabilidade “xa que o documento actual limitábase ao 2029”.
“O minifundismo universitario non pode levarnos a crear tres facultades pequenas de Medicina” rexeita Rosón: “pode avanzarse na colaboración, pero non sumirnos nunha descentralización imposta en base a criterios alleos aos académicos e científicos”. Recalca a concelleira non adscrita que se o sistema polo que se opta non se estuda o suficiente “poderíamos provocar unha descentralización que compita polos recursos, profesorado, hospitais colaboradores e estudades que fragmentaría esforzos e podería supor unha diminución da excelencia académica”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.