Wednesday 03 de December de 2025

Alternativa dos Veciños insta ao PP de Carral a executar as obras reclamadas polos veciños


No pleno municipal celebrado o pasado 27 de novembro, o grupo de Alternativa dos Veciños de Carral instou ao Goberno local do PP a atender e executar as numerosas obras e melloras solicitadas pola veciñanza en todas as parroquias do municipio.

A formación lembra que estas actuacións poderían levarse a cabo grazas ao remanente de tesourería que se xerará en 2026, produto da “boa xestión económica realizada polo anterior Goberno de Alternativa dos Veciños”, así como cos fondos dispoñibles a través do POS 2026.

Alternativa dos Veciños recolleu e trasladou ao pleno unha listaxe detallada de necesidades urxentes en cada parroquia:

Saneamento
– Continuación do plan de saneamento en todas as parroquias, seguindo o traballo iniciado polo anterior executivo.

Barcía
– Arranxo da cuberta e peche perimetral do local social, vallado de madeira e pintado do portal principal.

Cabra
– Renovación do parque infantil con caucho e columpios novos.
– Continuación das cunetas de seguridade ata o Gandarón.

Canedo
– Arranxo da pista e do parque infantil do local social.
– Cunetas de seguridade en Loureiro e no camiño da Egoa.

Beira
– Cunetas de seguridade entre Argonte, Igrexa e Guindisal.
– Arranxo de goteiras no local social.
– Muro de contención na pista.
– Reparación de grietas e pintura interior/exterior do local.
– Asfaltado de cunetas no camiño de Novas.

Tabeaio
– Arranxo do camiño de As Lameiras.
– Asfaltado do camiño de Sobrepiñeiro.
– Arranxo e cubrición da pista de Tabeaio.
– Aceras de acceso á igrexa e iluminación LED.

Quembre
– Iluminación LED na DP-2102 (Puentelago–Ribeira).
– Cunetas de seguridade no Cepedo.
– Asfaltado da pista de Paradela.

Cañas
– Asfaltado da Lavandeira e mellora de cunetas.
– Execución do proxecto de iluminación LED entre Sergude e Cañas.

San Vicente
– Pista deportiva na Finca Igrexa.
– Cunetas e asfaltado na estrada de Abrigosa a Balbén.
– Asfaltado do camiño Balbén (N30–N33).

Sergude
– Acondicionamento da finca municipal xunto á igrexa.
– Execución completa do proxecto do local social: muro de contención, pista, peche perimetral e xardíns.

Paleo
– Paso de peóns en Pincho.
– Depuradora do Quenllo.
– Melloras no pavillón do Espiño (cuberta, gradas, vestiarios e accesos).
– Humanización da Rúa Souto.
– Arranxo de aceras na Rúa Manuel Ferrol.
– Formación de aceras do Quenllo ao acceso do polígono por Sergude.
– Iluminación LED en Reboredo e Quenllo.
– Ampliación de gradas e vestiarios no Campo Borja Rodríguez Ans.
– Ampliación da área recreativa da Brexa.

Desde Alternativa dos Veciños aseguran que seguirán “traballando para que todas as necesidades trasladadas pola veciñanza sexan atendidas e se mellore a calidade de vida en cada parroquia do concello”

Deja un comentario