Alternativa demandou información sobre os posibles avances respecto á anunciada posta en venda dos terreos de Villa Celina, un ámbito actualmente en tramitación dun plan especial de reforma que contempla a construcción de vivendas e un hotel.
Na intervención plenaria Thais Palla defendeu o ámbito de Villa Celina como unha oportunidade para consolidar espazos verdes e para a veciñanza en Vilaboa e o goberno municipal abogou por facilitar a resposta por escrito.
A proposta de Alternativa aposta por manter Villa Celina tal e como se recolle nas directrices do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), pendente de aprobación dende o 2018: un espazo público de uso veciñal, con zonas axardinadas e a recuperación dos edificios existentes para uso comunitario ou servizos municipais. Deste xeito, o ámbito podería actuar como pulmón verde e elemento de conexión entre o núcleo urbano e o entorno natural.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.