As pezas, inspiradas no diálogo creativo entre Picasso e Calder, estarán expostas ata o 13 de decembro
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde a apertura da mostra dirixida por Gosia Trebacz cos traballos resultados dos obradoiros dirixidos pola propia artista no primeiro andar da Casa Museo Picasso. Cada obradoiro inspirouse no diálogo entre Picasso e Calder, experimentando as persoas participantes cunha camiseta branca como lenzo. Esta exposición é o resultado do proceso creativo das obras finais tanto dos adultos como dos nenos.
“Desde o Goberno de Inés Rey continuamos a impulsar o talento creativo dos e das artistas da cidade, levando o seu traballo a espazos tan emblemáticos como esta Casa Museo”, indicou Gonzalo Castro, que lembrou tamén os traballos de restauración do primeiro andar levados a cabo polo Concello e que permitiron a celebración dos obradoiros dirixidos por Gosia Trebacz.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.