Friday 22 de November de 2024

Cambre repara a Ponte de Brille para evitar a súa derrumbre


A estrutura ameazaba con esborrallarse polo que o goberno local tomou a decisión de actuar de urxencia

O Concello acometeu unha obra de urxencia na Ponte Brille, situado na parroquia de Andeiro, que presentaba unhas deficiencias estruturais de importancia que facían perigar a súa estabilidade. Ao parecer romperon os tubos de drenaxe transversal da ponte o que produciu gretas e ata unha focha de case un metro de profundidade. Incluso a varanda da ponte estaba a piques de esborrallarse.

O concello viuse obrigado a contratar unha empresa que puidese acometer a actuación de forma urxente debido da necesidade de reparación que demandaba a estrutura. Trátase dun lugar polo que pasan a diario camións pesados e tractores o que ameazaba aínda máis á estrutura.

Ante esta situación o goberno local decidiu tomar medidas urxentes e reparar a ponte de forma urxente debido ao perigo de derrube da ponte. ?Os informes dos nosos técnicos aconsellábannos reparar a ponte de forma inmediata para evitar a súa esborralle. Fixémolo o máis rápido que puidemos?, explicou o concelleiro de Urbanismo, Juan Leirós.

A reparación consistiu en reparar e aumentar os tubos de drenaxe transversal con formigón e instalar un tubo máis para a rega, que xa existía e que presentaba unha rotura total.

Doutra banda, Cambre está a acometer unha obra canalización para mellorar a drenaxe na zona de Fontenla. Os veciños demandaran a mellora da canalización nun punto concreto do viario xa que en época de choiva as augas afectaban a vivendas particulares. A brigada de Obras comezou hoxe a canalización do viario e espérase que a actuación conclúa o venres.