Tuesday 02 de December de 2025

O Concello de Ribeira culmina a adquisición das parcelas para o futuro polígono industrial


 Nos últimos días compráronse as dúas fincas que permanecían no termo municipal da Pobra

O Concello de Ribeira despediu o mes de novembro culminando o proceso de compra das parcelas pendentes para o futuro polígono industrial. En concreto, este último proceso de compra atinxiu a dúas fincas situadas no termo municipal da Pobra do Caramiñal afectadas polo futuro polígono industrial ribeirense, por un importe total de 39.754,13 euros.

A alcaldesa, María Sampedro, destaca que “cumprimos co noso compromiso de que os terreos quedasen comprados no mes de novembro. Isto supón un paso máis cara a materialización do futuro polígono industrial que posibilitará que medre o noso tecido empresarial e, en consecuencia, a economía local. Cremos que é unha boa nova para o conxunto da cidadanía e chegamos a este punto mediante un acordo cos propietarios das parcelas afectadas.

En pouco máis dun mes e medio de funcionamento deste novo goberno municipal, conseguimos resolver unha situación pendente durante máis de dous anos.”

O proxecto da ampliación do chan industrial eríxese “como unha das nosas prioridades, pois consideramos que é preciso acelerar o
proceso para que pase do papel á realidade. Agora poñeremos todo o noso empeño para buscar vías de financiación que permitan executar esta ansiada aspiración”, remarca a rexedora.

Deja un comentario