Os concellos participantes no programa ‘Goza do Ulla’ reúnense en Touro para deseñar o programa do 2016 na súa sexta edición e que comenzará en maio
Os 19 concellos bañados polo río Ulla (Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo), o segundo en relevancia de Galicia e que rega terras das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra proxectan a medio prazo crear unha gran ruta ou camiño fluvial de gran percorrido que descorra polo cauce dende o seu nacemento ata a desembocadura. O proxecto, que aproveitaría as rutas xa existentes nas dúas beiras e tamén proxectaría novos trazados, está dando os seus primeiros pasos. Esta semana reuníronse en Touro representantes políticos e técnicos dos concellos de Touro, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Palas de Rei, Monterroso, Boqueixón, Vedra, Rianxo, Arzúa, Pontecesures e Dodro para diseñar o programa ‘Goza do Ulla 2016’, que estará pechado a finais deste mes de abril. Os asistentes fixeron una aposta decidida por consolidar este proxecto que pretende poñer en valor, promocionar e proxectar o rico e valioso patrimonio dos territorios que percorre o río Ulla.
O programa ‘Goza do Ulla’, que estará pechado o próximo 22 de abril, cumple este ano a súa sexta edición. A primeira andaina será no mes de maio. Os concellos reunidos esta semana en Touro acordaron elaborar un estudio sobre as posibilidades de creación, aproveitando as rutas xa existentes nas dúas beiras e proxectando novos trazados, e sinalización dunha gran ruta ou camiño fluvial de gran percorrido. Tamén acordaron apostar pola implicación das diferentes administración no finanzamento, promoción e visibilidade do programa ‘Goza do Ulla’, que nesta edición mellorará o material promocional e de márketing. Cada un dos 19 concellos compremeteuse de novo a dar a coñecer os sendeiros do programa e a poñer en valor o seu patrimonio natural e etnográfico vinculado ao río Ulla. Entre as accións a impulsar neste ano están a mellora do mantemento e siñalización dos camiños e da súa promición. Tamén se falou da organización de posibles visitas e actividades complementarias nas que poidan participar os camiñantes que participen nos diferentes roteiros programados durante o ano.
Os concellos integrados no programa ‘Goza do Ulla’ crearán un equipo de traballo para o deseño de material que defina o territorio do Ulla, onde se recollerán as referencias naturais, etnográficas e culturais. Este equipo tamén traballa na posibilidade de editar unha guía para sendeiristas. A maioría dos participantes no proxecto están seguros de que a iniciativa pode dar máis de si e que se poden explotar tamén os eidos culturais e deportivos e darlle un maior peso específico ao carácter cultural e turístico deste territorio.