Friday 22 de November de 2024

O Teatro da Mandarina presentará a súa obra “O Laboratorio Máxico”


O Teatro da Mandarina presentará a súa obra “O Laboratorio Máxico” o vindeiro sábado 23 de abril, ás 12:00 e as 19:00 horas, en segunda sesión, dentro da programación Cultura no Camiño 2016.

As dúas sesións terán lugar no Centro sociocultural do Graxal, O Temple. Laura Mandarina é unha das mellores magas e cómicas do momento, que obtivo o e coñecemento en varios festivais a nivel estatal.

O espectáculo mestura a maxia, o clown e os monicreques Mandarina. A compañía teatral recoméndao para nenos e nenas entre os 3 e os 10 anos. As persoas interesadas poderán recoller as súas invitacións a partir do luns 18 de abril nas bibliotecas, municipais e o museo de Cambre e na Casa da Cultura.