Tuesday 02 de December de 2025

O programa Xuventude en Camiño organiza unha xornada de patinaxe e visita do Nadal á Coruña


• A actividade, dirixida a mozos nados entre 2008 e 2013, terá lugar o 27 de decembro e inclúe transporte, patinaxe na pista de xeo e un percorrido pola cidade herculina.

• As persoas interesadas en participar poderán anotarse no rexistro do Concello ata o 24 de decembro.

O programa Xuventude en Camiño regresa o 27 de decembro cunha nova actividade que incluirá unha sesión de patinaxe na pista de xeo da Coruña e unha visita á cidade herculina para gozar da súa decoración do Nadal.

A actividade está dirixida a mozos nados entre 2008 e 2013. Para participar, é necesario inscribirse ata o 24 de decembro a través do rexistro do Concello.

Para solicitar máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do teléfono 604004439 ou do correo electrónico cultura.deportes@concellodemino.gal

O prezo da actividade é de 4 euros, e inclúe a entrada á pista de xeo, o alugueiro dos patíns, a visita guiada pola Coruña e o transporte.

A saída desde Miño será ás 10:00 horas, con regreso previsto ás 14:30 horas.

Deja un comentario