Alternativa trasladou a cuestión ao pleno sobre o abandono do quiosco da Praza da Igrexa de Vilaboa, que leva anos pechado e sen uso, a pesar do seu potencial para ofrecer servizos á veciñanza.
A Praza da Igrexa de Vilaboa constitúe un dos puntos de encontro da parroquia, aglutinando cada día multitude de persoas, especialmente familias, maiores e mocidade, que fan deste espazo un lugar de convivencia diaria.
Neste contexto, Alternativa considera un desaproveitamento de recursos públicos manter a instalación pechada, cando podería planificarse algún tipo de servizo para a veciñanza que fai uso diario de este espazo de lecer da parroquia.
“É imprescindible poñer en valor cada recurso dispoñible dando resposta ás necesidades da xente. E isto é polo que alzamos este tema no pleno. ” Afirma Thais Palla, voceira de Alternativa en Culleredo.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.