Alternativa levou o tema a pleno a situación do CEIP Torrente Ballester, en Sigrás, coa fin de coñecer os pasos dados polo Concello para reclamar a Xunta a ampliación do persoal de apoio ao alumnado con necesidades educativas especiais, tal e como demandan a ANPA e as familias do centro.
Dende o goberno municipal confirmou que mantivo contacto coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que defende que se cumpren os ratios establecidos.
Alternativa lembran que estes ratios non responden á realidade do centro e resultan insuficientes para garantir unha atención adecuada ao alumnado con maiores necesidades de apoio, que repercute no resto do alumando. O grupo reitera o seu respaldo ás reivindicacións da ANPA e das familias, que solicitan unha revisión máis profunda da situación.
O grupo tamén insistiu que está pendiente a convocatoria do Consello Escolar Municipal, que permitiría abordar este tema e outros que están a afectar á comunidade escolar de Cambre, para buscar accións conxuntas entre diferentes centros, entidades e administracións.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.