Un grupo de 25 veciñas e veciños de Frades percorreron esta fin de semana a sétima etapa do Camiño Portugués pola costa, 19,5 quilómetros de dificultade baixa entre as localidades de Pontevedra e Caldas de Reis. A próxima etapa, entre Caldas de Reis e Padrón, terá lugar o sábado 27 de decembro.
A expedición sairá en autobús ás 8:30 horas da casa consistorial. As persoas participantes afrontarán un total de 18 quilómetros, de dificultade baixa. O prezo é de 15 euros por persoa (non inclúe xantar) e as inscricións deberán formalizarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567.
Estas etapas forman parte dunha iniciativa iniciada no ano 2017 polo Concello de Frades e que permitiu que a veciñanza percorrera xa o tramo galego do Camiño Francés, o Camiño a Fisterra, o tramo Fisterra-Muxía, a Vía da Prata e o Camiño Inglés. No ano 2024 comezouse co Camiño Portugués.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.