Tuesday 02 de December de 2025

Paderne anuncia a súa programación de Nadal con música, teatro e o desfile de Reis anticipado


 As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán a tarde do 4 de xaneiro de 2026.

O Concello de Paderne anunciou esta mañá a súa programación de Nadal con música, teatro e o desfile de Reis anticipado. As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán a tarde do 4 de xaneiro ás 17:30 horas no Concello. Haberá animación, batucada, espectáculos con lume, inchables, talleres e moitas sorpresas.

A programación dará comezo coa Festa de Nadal do día 17 de decembro ás 11:00 horas na Casa do Concello, con Teatro Calavera e a obra ‘Un Nadal na Laponia’. Ademais, visitaranos Papá Noel.

O venres 19 de decembro a partir das 20:00 horas, a Igrexa de San Pantaleón das Viñas acollerá o recital de versións de cantigas medievais e panxoliñas de Xoan Curiel: ‘Emerxencias’. A entrada é libre.

O venres 26 de decembro ás 20:00 horas na Igrexa de Adragonte, o concerto de Fin de Ano a cargo de Ton Risco e Marcos Teira, un dúo con temas jazz, música sudamericana e flamenco con produción propia e cancións de Nadal.

Deja un comentario