O goberno municipal aceptou a demanda de Alternativa reclamando medidas disuasorias e de control para reducir os problemas de mal estacionamento que se repiten diariamente na zona do Temple.
A situación é especialmente crítica nas inmediacións de varios establecementos de resturación, onde é habitual atopar vehículos en dobre fila, sobre beirarrúas ou mesmo bloqueando pasos de peóns e prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida.
O problema empeorou á raíz da diminución de efectivos e recursos na policía local. Polo que na actualidade resulta necesario dotar a área de máis recursos que permitan unha actuación máis regular e continua para evitar estes comportamentos incívicos que dificultan, aínda máis, a mobilidade nesta parroquia.
A reclamación de Alternativa acadou o compromiso do goberno municipal a reforzar os mecanismos de control e vixiancia para frear estas prácticas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.