A alcaldesa, Inés Rey, presidirá o acto, que terá lugar no centro Ágora
O circuíto sumou preto de 19.000 inscricións nas sete probas
O Concello da Coruña celebrará o venres 20 de febreiro a gala do XII Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, que servirá como peche da edición do 2025 e anuncio das próximas carreiras a celebrar en 2026.
A gala, que se levará a cabo no centro Ágora, comezará ás 20.00 horas o venres 20 de febreiro, e estará presidida pola alcaldesa, Inés Rey. Conducirá o acto o presentador habitual das carreiras, Xalo Maira. Entregaranse os premios aos gañadores/as de cada unha das categorías dos participantes ao circuíto, e un agasallo aos que participaron en 5, 6 ou 7 das carreiras que integran o circuíto.
Durante o 2025 foron sete as probas do circuíto Coruña Corre: XI Carreira Popular Torre de Hércules, XIV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, X Carreira Popular Os Rosales, VII Carreira Popular Matogrande, X Carreira Popular Volta a Oza, IX Carreira Popular Ventorrillo e XI Carreira Popular Novo Mesoiro.
A participación feminina representou preto do 45 % das persoas rexistradas no circuíto, confirmando a ampla implicación das mulleres no deporte popular e o avance cara á igualdade efectiva.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.