Monday 01 de December de 2025

A Xunta reafirma en Euskade o seu apoio á Irmandade de Centros Galegos no seu 40º aniversario


O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto co gallo da efeméride, onde salientou que os centros galegos de Euskadi “son un exemplo de compromiso, de continuidade e de unidade, mantendo viva a cultura galega”
Eibar (Guipúscoa), 29 de novembro de 2025.- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto co gallo do 40º aniversario da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi, onde puxo en valor o labor das entidades galegas asentadas nesta comunidade autónoma ao longo de catro décadas. Salientou que os centros galegos de Euskadi “son un exemplo de compromiso, de continuidade e de unidade, mantendo viva a cultura galega fóra da súa terra grazas ao esforzo das súas directivas, socios e familias”.
Na súa intervención, o secretario xeral destacou que esta efeméride representa “un legado colectivo que demostra a fortaleza da galeguidade fóra de Galicia e a súa capacidade para adaptarse, crecer e seguir sendo un referente social e cultural”. Nesa liña, puxo de relevo a estreita colaboración que a Xunta de Galicia mantén coa Irmandade e cos seus centros, subliñando que estes espazos cumpren un papel fundamental como puntos de encontro, dinamización comunitaria e integración das persoas galegas residentes en Euskadi.
Deste xeito, Pablo Fernández reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir reforzando estas alianzas, especialmente nun contexto no que Galicia aposta por fortalecer os vínculos e promover a participación das novas xeracións. “O voso labor é esencial para que Galicia siga presente; contade coa Xunta para seguir construíndo futuro e galeguidade durante os próximos 40 anos”, concluíu.

Deja un comentario