Tuesday 30 de December de 2025

Belén do Campo participa no acendido do Nadal no Mercado de Elviña e na homenaxe a Rosa Otero


A delegada da Xunta felicitou ao colectivo de comerciantes polo seu dinamismo, compromiso e pola capacidade de manter vivo un mercado que continúa a ser unha referencia para toda a cidade

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu, esta mañá, ao tradicional acendido navideño organizado pola Asociación de Comerciantes do Mercado de Elviña, un acto que cada ano marca o inicio da campaña de Nadal neste espazo comercial tan emblemático para o barrio.

Durante o evento, a delegada quixo felicitar ao colectivo de comerciantes “polo voso dinamismo, compromiso e pola capacidade de manter vivo un mercado que continúa a ser unha referencia para toda a cidade”, destacando o seu papel esencial como punto de encontro veciñal e motor da economía local.

Este ano, o acto estivo dedicado a Rosa Otero, veciña do barrio, recentemente nomeada Filla Adoptiva da cidade da Coruña e actual presidenta da “Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña”. A delegada subliñou que se trata “dun recoñecemento máis que merecido a unha muller que leva décadas sendo exemplo de compromiso social, de defensa dos dereitos das amas de casa —un colectivo fundamental na vida cotiá e tamén para este mercado.

Así mesmo, puxo en valor “a súa entrega, a súa proximidade e a súa contribución constante ao benestar das familias e do comercio de proximidade”, sinalando que o seu labor “segue a ser inspiración para quen traballa cada día por unha cidade máis forte, máis unida e máis solidaria”.

Apoio Xunta mercados
Belén do Campo destacou o compromiso da Xunta cos mercados —preto de 100 en toda Galicia distribuídos en 76 municipios—, que continúan a ser espazos esenciais para garantir a calidade da oferta comercial, o abastecemento de proximidade e a conexión directa co territorio. Subliñou tamén o seu papel como motores de comercio de atracción e como lugares versátiles, cunha grande capacidade de adaptación e innovación fronte ás novas tendencias de consumo, que acollen accións culturais, iniciativas gastronómicas e propostas que favorecen novas sinerxías entre o comercio, a hostalaría e a cociña.

Neste senso, puxo como exemplo o lanzamento de “Prato de Mercado”, que se desenvolverá ao longo de 2026, cun calendario de showcookings en mercados de toda Galicia.

Tamén se referiu ao Impulso á Rede de Mercados Excelentes. Este distintivo identifica aquelas prazas de abastos que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, mantendo ao mesmo tempo a autenticidade e a tradición que as caracterizan. Co obxectivo de seguir avanzando na consolidación desta Rede, a Xunta reforzará en 2026 as liñas de apoio destinadas á dinamización e revitalización das prazas de abastos, cun investimento próximo aos 4,5 millóns de euros. Estas axudas diríxense tanto ao mantemento dos mercados xa recoñecidos como á formación, diagnose, mellora e dinamización daqueles que aspiran a obter o distintivo.

Deja un comentario