Monday 01 de December de 2025

A Xunta destaca en Montevideo o potencial do talento emprendedor galego e o papel da empresa na ligazón económica entre Galicia e o Uruguai


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao aniversario da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai, que distinguiu ao emprendedor Manuel Losa pola súa traxectoria e compromiso coa colectividade galega

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu en Montevideo ao aniversario da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai, nun acto que tamén incluíu a entrega dos premios Nuevo Talento Emprendedor, para poñer en valor o labor de profesionais e iniciativas empresariais vinculadas á comunidade galega. Durante o encontro, Miranda subliñou a relevancia desta entidade como ponte de cooperación económica e social entre Galicia e O Uruguai, así como o seu papel fundamental na creación de oportunidades e no impulso de novos proxectos liderados pola diáspora.

Durante a celebración, a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai rendeu unha homenaxe especial ao emprendedor galego Manuel Losa, recoñecendo a súa traxectoria empresarial e a súa contribución ao fortalecemento da presenza galega no tecido económico uruguaio. Miranda destacou que Losa “representa o mellor da nosa diáspora emprendedora: esforzo, visión e un compromiso permanente con Galicia”, subliñando que historias como a súa “son exemplo inspirador para as novas xeracións de profesionais galegos no exterior”.

Miranda destacou que a colectividade galega no Uruguai “constitúe un motor de dinamismo e innovación, capaz de xerar emprego, atraer investimento e proxectar a marca Galicia no exterior”. O secretario xeral agradeceu o compromiso dos empresarios galegos radicados no país e salientou que o talento emprendedor vinculado a Galicia “é un activo estratéxico que a Xunta seguirá apoiando no marco da Estratexia Galicia Retorna e das políticas de impulso económico que fortalecen os lazos cos galegos do exterior”.

Deja un comentario