· O prazo de inscrición estará dispoñible desde o luns, 1 de decembro, ata o venres, día 12.
O Concello abrirá o vindeiro luns, 1 de decembro, o prazo de inscrición para os seus campamentos deportivos de Nadal. Trátase dunha medida coa que o goberno local reafirma o seu compromiso coa conciliación das familias do municipio durante os períodos non lectivos. O programa estará dispoñible en dúas quendas, o primeiro do 22 ao 26 de decembro, e o segundo do 29 de decembro ao 5 de xaneiro. En total, ofreceranse 120 prazas para nenos e nenas de entre 3 e 11 anos (con reserva dun 10% para pequenos con necesidades educativas especiais).
En canto ao horario, o campamento desenvolverase de 10.00 a 14.00 horas. Con todo, as familias que o desexen poderán pedir o servizo de madrugadores (de 7.30 a 10.00 horas) e de comida (de 14.00 a 16.00 horas), ampliándose así a franxa de atención. A actividade realizarase nas instalacións do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel (pavillón, patio cuberto, comedor e aula de psicomotricidade).
O período de solicitude estará dispoñible ata o venres, 12 de decembro, a través da sede electrónica (procedemento de inscrición en actividades de conciliación) e do rexistro municipal. En ambos os casos será necesario entregar o formulario dispoñible nas dependencias municipais, na páxina web e na sede.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.