Thursday 27 de November de 2025

Bebeto lembra ás súas vivencias co Dépor diante de máis de 400 estudantes de colexios da Coruña


O ex xogador brasileiro participou nun acto con centros educativos da cidade no Ágora

O ex xogador do Deportivo Bebeto ofreceu esta mañá un coloquio ante máis de 400 de alumnos e docentes de centros educativos da cidade no auditorio do Centro Sociocultural Ágora. O ex futbolista brasileiro atópase na Coruña para presentar a súa biografía autorizada. Onte, mércores, foi recibido pola alcaldesa, Inés Rey, no estadio de Riazor, nun acto multitudinario.

No Ágora, Bebeto estivo acompañado polo concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, e o autor do libro ‘Bebeto. El hombre que acunó el gol’, Alexandre Centeno. O acto estivo presentado polo xornalista deportivo Pepe Torrente e participaron alumnos dos colexios Curros Enríquez, Alborada, María Barbeito, Wenceslao Fernández Flórez e José Cornide.

En total, foron case medio milleiro de asistentes ao acto, no que Bebeto lembrou os seus mellores momentos vestindo a camiseta do Deportivo e o alumnado puido facerlle preguntas para coñecer máis en profundidade a súa figura. “Desde o Goberno de Inés Rey queremos que a mocidade sexa consciente do gran valor que ten a figura de Bebeto para A Coruña, sendo punta de lanza dun proxecto que puxo á cidade no mapa futbolístico mundial”, indicou Juan Ignacio Borrego.

Deja un comentario