O buque poderá ser visitado o venres 28 de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas e o sábado de 10.00 a 13.00.
O patrulleiro “Tabarca” (P-28),da Armada, ten previsto realizar escala no porto de Ribeira desde a mañá do venres 28 á tarde do sábado 29 de novembro. A escala do buque ten lugar dentro da patrulla de Vixilancia e Seguridade Marítima que o “Tabarca” está a realizar en augas do litoral galego do 25 ao 30 de novembro.
O patrulleiro “Tabarca” permanecerá aberto ao público en horario de 10.30 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas durante o venres 28 de novembro e o sábado 29 de 10.00 a 13.00 horas. As visitas abarcarán un percorrido polo buque, durante a cal o persoal que o desexe poderá coñecer os equipos e as capacidades do patrulleiro, así como á súa dotación e a forma de vida a bordo.
Achega do patrulleiro “Tabarca” (P-28)
O “Tabarca” é o oitavo buque dunha serie de dez unidades, denominados Clase “Anaga”, permanecendo na actualidade tres deles en servizo. Cada buque desta clase leva o nome dunha illa ou illote da costa española. “Tabarca” é o nome dunha pequena illa alacantina, situada ao suroeste da localidade de Santa Pola.
A construción deste patrulleiro realizouse en Empresa Nacional Bazán, na factoría gaditana de San Fernando, botándose o día 23 de decembro de 1980 e entregándose á Armada o día 31 de decembro de 1981.
O patrulleiro “Tabarca” está adscrito á forza de Acción Marítima, concretamente ao Mando das Unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol (MARFER) e ten a súa base na Escola Naval Militar, en Marín —Pontevedra—, desde a súa entrada en servizo en 1981.
O seu comandante actual é o tenente de navío José Enrique Delgado González.
A misión principal do buque é a de efectuar vixilancia marítima mediante a presenza naval e control dos espazos marítimos de interese nacional como misión específica de ámbito da Armada.
Así mesmo colabora de forma habitual no adestramento dos alumnos da Escola Naval Militar.

