Wednesday 26 de November de 2025

A Casa das palmeiras acolle unha mostra efémera dos mellores labores de Agujas, hilos y dedales


Un ano máis, os traballos artesanais realizados ao longo dos últimos doce meses polas mulleres que forman parte da agrupación Agujas, hilos y dedales volverán ser protagonistas dunha exposición en Neda. Esta mostra efémera abrirase ao público o 28 de novembro na Casa das Palmeiras.
Dende o venres e ata o domingo 30, en horario de mañá e de tarde, as persoas que se acheguen ao citado espazo cultural municipal poderán observar a variedade e calidade de innumerables pezas artesanais, obra das integrantes deste grupo de mulleres, que se xuntan semanalmente no centro cívico de Neda.
Na exposición, destinada a pór en valor o esforzo e habilidade destas veciñas, haberá traballos de bordado, de gancho, de patchwork… A mostra poderase visitar de 11 a 13 e de 17 a 20 horas.

Deja un comentario