Haberá 35 grupos nos 22 centros cívicos municipais a partir do 22 de decembro
O Concello da Coruña abriu este mércores o período de inscrición nos Campamentos de Nadal dos Centros Cívicos Municipais, que comezarán o 22 de decembro nestes espazos e contarán con más de 500 prazas. “Desde o Goberno de Inés Rey ofrecemos á cidadanía unha oferta de ocio para as crianzas durante o período non lectivo que permitirá mellorar a conciliación das familias”, indicou Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade. A esta iniciativa municipal hai que sumar as 144 prazas dos campamentos deportivos de Nadal, que xa foron adxudicadas.
Serán un total de 35 grupos de 15 participantes que comezarán o 22 de decembro nos diferentes centros cívicos e que permitirán ás familiar conciliar nestas datas non lectivas.
As sesións celebraranse nos 22 centros cívicos municipais en horario xeral de 10.00 a 14.00 horas e ampliado de 9.00 a 14.30 horas. O prezo será de 26 euros (32 para a tarifa ampliada). O período de preinscrición pecharase este venres 28 de novembro. As listaxes provisionais sairán o 4 de decembro e as definitivas, o 12 de decembro.
Durante os Campamentos de Nadal desenvolverase un programa variado de talleres creativos, actividades lúdicas e xogos cooperativos, adaptados ás distintas idades, orientados a fomentar a convivencia, ou traballo en equipo, a participación activa e ou goce dun tempo de lecer educativo e saudable durante as vacacións escolares.
Atendendo á demanda das entidades veciñais e debido ao peche temporal do Centro Cívico de Labañou por obras, os campamentos previstos neste equipamento desenvolveranse finalmente no espazo da Normal grazas á colaboración entre o Concello e a UDC. Con esta medida búscase garantir a continuidade da actividade na propia contorna, evitando desprazamentos fóra do barrio e facilitando a participación das nenas e dos nenos de Labañou.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.