A sesión extraordinaria celebrouse hoxe, mércores 26 de novembro, ás 8:30 horas da mañá.
O Concello de Paderne aprobou esta mañá na sesión extraordinaria do Pleno da corporación a dedicación dun suplemento de crédito financiado mediante remanente líquido de tesourería para obras e mantemento de espazos públicos.
Así, executarase a adecuación do Local Social de Velouzás, as obras de mantemento no parque infantil de Chantada e as melloras no Campo da Festa e no parque de San Mamede.
Durante a sesión extraordinaria celebrada hoxe, mércores 26 de novembro ás 8:30 horas da mañá, os concelleiros e concelleiras que integran a corporación debateron sobre este punto, que contou cos votos favorables do grupo de goberno e do edil do Bloque Nacionalista Galego e a abstención de populares. O concelleiro non adscrito acudiu á da sesión.
Será un investimento total de 374.364,30 euros, dos que 181.958,2 euros se destinarán aos traballos mencionados con anterioridade; 74.000 euros a acción social e os restantes 118.406,1 euros para outros gastos.
O alcalde, Sergio Platas, quixo destacar “a relevancia da aprobación deste punto, xa que actualmente as contas da nosa Administración están saneadas, sen obrigas pendentes de pago ao finalizar o presente exercicio e iso nos permite destinar fondos a melloras infraestruturais e outros gastos. É unha moi boa nova para Paderne”, subliñou.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.