A inauguración terá lugar na tarde do 27 de novembro
Unha nova exposición chega ao Centro Cultural Lustres Rivas a través do XIX Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez, impulsado pola Deputación da Coruña.
A apertura terá lugar no xoves, 27 de novembro, ás 20.00 horas, na dita dependencia municipal, da man da concelleira de Cultura de Ribeira, Ana Barreiro.
Ademais desta mostra, ao abeiro de dito premio, chega un obradoiro de gravado. Impartirase no martes, 2 de decembro, a partir das 16.00 horas, no propio Lustres Rivas. Trátase dunha acción formativa de balde dirixida a un público maior de 16 anos. As persoas interesadas aínda dispoñen para anotarse ata o 27 de novembro mediante o enderezo electrónico culturaefestexos@ribeira.gal.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.