Tuesday 25 de November de 2025

Encontro escolar polo bo trato en Neda


Neda conmemorou o 25N co “Encontro escolar polo bo trato”, protagonizado, desta volta, por alumnado de últimos cursos de primaria do CEIP San Isidro e os primeiros curso da ESO do IES Fernando Esquío. Tras gardar un minuto de silencio polas mulleres vítimas de violencia de xénero, os estudantes compartiron o traballado realizado nas aulas sobre a temática.

E así, puxeron nome e contaron as historias das últimas asasinadas a mans das súas parellas; insistiron na importancia de seguir loitando contra todas as formas de violencia; subliñaron a necesidade de denunciar, e incidiron na urxencia de avanzar cara a unha igualdade real. Como colofón, unha coreografía do tema “Varre vasoira” de Fillas de Cassandra, coa súa reivindicación da unión das mulleres como motor de cambio: “Somos as fillas de todas as que se plantaron” e “Xa non calaremos máis”.

Deja un comentario