Tuesday 25 de November de 2025

Locais Sociais abertos á veciñanza


Alternativa presenta a proposta no pleno deste xoves, impulsando que a veciñanza poida usar espazos municipais para celebrar as súas propias actividades, reunións familiares, cumpleanos…

Unha democratización das instalacións municipais que impulsa un mellor aproveitamento dos recursos públicos e un novo servizo para a veciñanza.

É unha demanda que leva anos solicitando a veciñanza, xa que teñen moi preto exemplos desta modalidade de uso que leva anos funcionando en Concellos como Carral, Oleiros, Culleredo ou Abegondo.

En Cambre existen centros sociais nos que ofertar este servizo sería inviable, pola natureza, o uso que se destina e a súa propia idiosincrasia. Porén, tamen hai outros cun uso máis esporádico ou irregular, nas que se podería articular un modelo de cooperación, ou incluso destinar algún dos espazos dispoñibles para este servizo. Establecendo sempre con claridade unhas normas e as responsabilidades de uso.

Alternativa defende que este servizo permitiría abrir novos modelos de participación potenciando a creación de novas sinerxias entre o tecido social municipal e ao mesmo tempo faría que os locais sociais municipais sirvan como motores reais da vida comunitaria, ademáis do asociacionismo.

Deja un comentario