Wednesday 26 de November de 2025

O goberno local promove dúas saídas socioculturais ao Attica21 de Vilalba para as persoas maiores de 60 anos


 Ante a gran demanda destas actividades, aumentáronse o número de prazas ofertadas con previsión de facer estas excursións en xaneiro e febreiro.

 Serán o 26 de novembro e o 17 de decembro, cun custe de 10 euros no que o monitor, acceso ao circuíto termal e o autobús están incluídos.

O goberno local do Concello de Paderne promove para este final de ano dúas saídas socioculturais ao Hotel Spa Attica21 de Vilalba para as persoas maiores de 60 anos, con preferencia aquelas e aqueles empadroados no municipio.

Ante a gran demanda destas dúas actividades, aumentáronse o número de prazas ofertadas. Así, celebraranse o 26 de novembro e o 17 de decembro, cun custe de 10 euros no que o monitor, acceso ao circuíto termal e o autobús están incluídos. Está previsto, á súa vez, que se organicen este tipo de excursións con carácter mensual, tamén en xaneiro e febreiro.

A saída será ás 9:30 horas ambos os dous días desde a Casa do Concello, coa sesión termal de 11:00 a 12:30 horas. A volta, contra as 14:00 horas da tarde. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981 79 70 01 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodepaderne.com.

Deja un comentario