Recoñece os intentos do último ano por parte do equipo de goberno pero distan moito do que os oleirenses demandan.
O Partido Popular de Oleiros quere poñer de manifesto a importancia que os veciños deste municipio dan ás celebracións do Nadal e como a resignación se instala no sentimento xeneralizado ao ver a desidia coa que o alcalde se toma estas festas que son de todos.
A portavoz do PP, Loli Silva, referiuse a este asunto manifestando “o apoio do grupo Municipal do Partido Popular a un Nadal que sexa palpable por todos os recunchos de Oleiros e ao compromiso en firme do alcalde coas demandas dos veciños. Non queremos volver ver unha Cabalgata express que lembre máis á película “Bienvenido Mr. Marshall”, de Berlanga, que ao paso dos Reis Magos, co detemento necesario para que os máis pequenos poidan gozar da súa visita a Oleiros; ou que toda a acción do concello limítese a catro loces mal postas en lugar de darlle a estas celebracións o protagonismo que desexan os nosos veciños.”
Recoñecen os Populares tímidos intentos por parte do equipo de Gelo no último Nadal de “facer como que se apoia, pero sen que se note demasiado”, en base a complexos derivados de ideoloxías sectarias onde ao rexedor municipal véselle incómodo.
“Queremos aproveitar o vento a favor que supón que o Alcalde por fin acollese algunhas das nosas propostas históricas, como as obras de actualización da rede de abastecemento de auga, e déixese contaxiar de verdade polo espírito do Nadal, que está claro que falta lle fai. Os veciños de Oleiros merecémosnolo/merecémonolo. Preguntaremos ao Alcalde no próximo pleno pola decoración do Nadal e as actividades previstas para estas festas”, concluíu a súa declaración Loli Silva.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.