A actividade vai dirixida aos veciños maiores de 55 anos, xubilados e pensionistas.
O Concello volve organizar unha das citas máis queridas polo colectivo das persoas maiores do municipio: os Seráns de Baile. A actividade regresa ao auditorio do Centro Sociocultural, onde todos os sábados, de 18:00 a 21:00 horas, haberá música e baile para compartir nun ambiente distendido e festivo.
A proposta está dirixida prioritariamente ás persoas maiores de 55 anos, xubiladas e pensionistas co obxectivo de ofrecerlles un espazo agradable no que poidan gozar do seu tempo de lecer, manterse activas e favorecer as relacións sociais dentro deste grupo de idade.
Esta iniciativa supón unha renovación do compromiso municipal co benestar das persoas maiores, apostando por actividades que melloren a súa calidade de vida, fomenten o encontro e contribúan a combater a soidade non desexada.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.