Unha vintena de veciños e veciñas participaron no curso de cestería impartido por Manuel Rilo, Jesús Rey e Mercedes Fariñas e organizado polo Concello de Touro. Estos tres veciños, dun xeito voluntario, prestáronse para transmitir os seus coñecementos deste oficio tradicional no Concello de Touro e en boa parte de Galicia. O curso foi impartido durante tres meses. O participantes, para a elaboración dos cestos, utilizaron materiais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula. Os participantes pedíronlle ao alcalde de Touro, Ignacio Codesido, a continuidade desta actividade para o próximo outono. Esta iniciativa comenzou a súa andaina fai xa tres anos dentro dun programa do Concello de Touro que se denomina ‘Aprendem@s xuntos’.