O vindeiro xoves, 27 de novembro, presentase ao pleno o orzamento para o 2026 que, marcando un fito na historia, acada 10.502.702,63 euros, o que supón 1,1 millóns a mais que no 2025.
O orzamento presentase como unha aposta polos servizos sociais, o investimento en infraestruturas e a colaboración coas entidades municipais.
Os Servizos Sociais recollen unha importante inversión, reforzando os contratos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e o de envellecemento activo. E continuando na liña de impulsar os servizos que benefician directamente á veciñanza.
Para investimentos reais o orzamento conta cun incremento de case 1 millón, respecto ao ano pasado, que permitirá, entre outras cousas, incluír no Plan Único 2026 da Deputación da Coruña: actuacións como:
• A mellora de camiños nas diferentes parroquias
• Mellora da seguridade viaria e accesibilidade na praia de Gandarío
• A realización dunha senda na praia de Gandarío a Moruxo. (Iniciativa gañadora dos Orzamentos Participativos)
• Mellorar a seguridade e saudable da escola infantil de Guísamo.
O contrato da auga, limpeza de edificios e servizos sociais supoñen o 52% do gasto corrente. (No que se inclúe tamén o reforzo do SAF e envellecemento activo)
Incrementarase a partida en Turismo, para poñer en valor o patrimonio do Concello e celebrar os 900 anos do Mosteiro de San Salvador. E mantense o compromiso cos programas de igualdade, Cultura, Deportes, así como o programa de corresponsabilidade e conciliación.
Destínanse 40.000 euros ás axudas de emerxencia social, 15.000 euros ás de enerxía térmica e pago da vivenda habitual.
Tamén seguirase apoiando o tecido asociativo, non so no día a día, senón a través do financiamento de 151,100 euros para convenios con entidades educativas, sociais ou empresariais.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.