Friday 22 de November de 2024

Integrantes dunha empresa de economía social abrirán as instalacións municipais de cultura durante as fins de semana


No ánimo de propiciar unha maior apertura das instalacións dependentes da Área de Cultura, o Concello de Riveira vén de aprobar unha nova medida en virtude da cal integrantes dunha entidade de economía social formada por persoas con diversidade funcional realicen funcións de conserxería nestas infraestruturas durante as fins de semana.

A entidade que desempeñará este labor será Propertis, Empresa de Inserción Laboral, dependente de Amicos, por un máximo de 1.600 horas a distribuír no que resta de ano en función das necesidades da Concellería que dirixe a edil Fabiola García Martínez.

Lustres Rivas e Museo
En principio, tres serán as instalacións beneficiadas: por unha parte, o Centro Cultural Lustres Rivas e a Sala Museo Municipal de Riveira, que poderán abrir así os sábados en horarios de mañá e tarde, e por outro o Auditorio Municipal, que abrirá sábados e/ou domingos segundo as actividades específicas que acolla o edificio.

As funcións deste persoal serán tanto de apertura e recepción como de control de acceso dos usuarios.