Wednesday 26 de November de 2025

A libraría Ler acollerá a presentación do libro “A fraga dos teixos” en Santa Comba


Será ás 20h, do venres, día 21 de novembro.

Acompañando o autor, Xosé Salvadores, estará a deputada do BNG, Iria Carreira

A Libraría Ler , na rúa Rosalía de Castro de Santa Comba, acollerá o venres, 21, ás 20 h. a presentación do libro “A fraga dos teixos”, da autoría de Xosé Salvadores.

“A fraga dos teixos”, publicado por Tempo Galiza, está escrito a xeito de caderno de campo e é a crónica dun tempo e dun espazo en transformación, que convida a actuarmos a prol da biodiversidade e en defensa da natureza. Acompañando o autor e conversando con el estará Iria Carreira Pazos, deputada do BNG no parlamento galego. Iria naceu no rural, onde segue a ter os seus referentes. Di sobre o libro: “ Combina ciencia e poesía, axuda a identificar plantas e animais e anima a respectar e gozar da natureza” .

O acto de presentación comezará cun saúdo de Xoán David Sixto, responsábel do BNG en Santa Comba, ao que seguirá a proxección dun curto audiovisual arredor do libro, que, a continuación, será presentado por Iria Carreira en conversa co autor. As persoas asistentes poderán tomar a palabra ao final do acto.

Deja un comentario