Friday 22 de November de 2024

Os humoristas Pedro Brandariz e Fran Rey serán os presentadores


Adrián Jiménez, Ventura Mariño e Vicente Fernández a título póstumo recibirán mencións especiais na Gala do Deporte

Este venres día 15 de abril ás 20.30 horas terá lugar a XI Gala do Deporte de Riveira: un evento que estará presentada e animada polos coñecidos humoristas Pedro Brandariz e Fran Rey.

Como vén sendo habitual, no transcurso do encontro, de entrada libre, terá lugar a entrega de mencións especiais a diversos persoeiros que co seu labor teñen contribuído ao fomento e progreso do deporte en Riveira. Tres serán os homenaxeados nesta ocasión:

• VENTURA MARIÑO “TURA”: Pola súa traxectoria deportiva coma xogador e adestrador de fútbol en distintas categorías, case integramente no Club Atlético Riveira.

• VICENTE FERNÁNDEZ (a título póstumo): Persoa moi involucrada co deporte, sobre todo a nivel escolar.

• ADRIAN JIMÉNEZ DOS SANTOS (Taekwondo – Club Natural Sport Videlgi) Por problemas de saúde está obrigado a apartarse do mundo da competición, sendo este un duro golpe para un rapaz que tiña por diante unha carreira moi prometedora.

Por outra banda, cómpre destacar que doce das quince categorías da Gala contan cunha serie de nominados a estes galardóns e que o fallo final será dado a coñecer no momento mesmo da entrega. Así, a relación é a seguinte:

1) PREMIO AO LABOR INFORMATIVO: ÁLVARO SEVILLA GÓMEZ (Redactor de La Voz de Galicia)

2) PREMIO Ó PATROCINIO DEPORTIVO. Os nominados son:
• GRUPO GERMANIA
• CENTRO DE FISIOTERAPIA E REHABILITACIÓN MARÍA MARTÍNEZ PAZ
• DIGAR DE ARTES

3) PREMIO POLO LABOR TÉCNICO. Os nominados son:
• SANDRA SÁNCHEZ E JESÚS SILVA (ADESTRADORES CLUB REMO RIVEIRA)
• JOSÉ ANTONIO ROMERO AGEITOS (ADESTRADOR DO EQUIPO CADETE DO XUVENTÚ AGUIÑO)
• ISRAEL BÉNITEZ SOMOZA (ADESTRADOR DA ESCOLA DE BOXEO EL CANARIO)

4) EQUIPO DE COMPETICIÓN DESTACADO: Os nominados son:
• EQUIPO CLUB REMO RIVEIRA
• EQUIPO FEMININO DO SD XUVENTÚ AGUIÑO
• EQUIPO CADETE SO SD XUVENTÚ AGUIÑO

5) PREMIO POLA PROMOCIÓN DO DEPORTE ESCOLAR, BASE E DEPORTE PARA TODOS. Os nominados son:
• CLUB STA UXÍA ATLETISMO
• CLUB NATURAL SPORT VIDELGI
• SÁLVORA CF

6) MELLOR EVENTO DEPORTIVO. Os nominados son:
• III TRIATLÓN CONCELLO DE RIVEIRA
• ULTRATRAIL DO BARBANZA
• IV TORNEO DE FÚTBOL BASE AGUIÑO 2015

7) MELLOR DEPORTISTA DISCIPLINAS NON OLÍMPICAS. Os nominados son:
• ABEL REY PAZ (CLUB KENPO RIVEIRA)
• IVAN PARADA NOVO (CLUB KEMPO BARBANZA)
• JUAN JOSÉ PÉREZ PIÑEIRO (CLUB KENPO RIVEIRA)

8) CATEGORÍA DE MELLOR DEPORTISTA FEMININA DEPORTES DE EQUIPO: ALBA MUÑIZ RODRÍGUEZ

9) CATEGORÍA DE MELLOR DEPORTISTA MASCULINO DEPORTES DE EQUIPO. Os nominados son:
• ADRIAN ARMENTAL GONZALEZ (FÚTBOL)
• JOSÉ LUIS GÓMEZ PÉREZ “JOSELU” (FÚTBOL)
• ANXO VIDAL PÉREZ (FÚTBOL)

10) CATEGORÍA DE MELLOR DEPORTISTA MASCULINO SUB 18. Os nominados son:
• MANUEL TOMÉ SANLÉS (NATACIÓN)
• ALEXANDRE LAGES BRIÓN (NATACIÓN)
• JORGE GONZÁLEZ MARIÑO (NATACIÓN E TRIATLÓN)

11) CATEGORÍA DE MELLOR DEPORTISTA FEMININA SUB 18. As nominadas son:
• CLARA OTERO PÉREZ (NATACIÓN)
• TERESA SÁNCHEZ BÓVEDA (ATLETISMO)
• LAURA DOSIL GAGO (TAEKWONDO)

12) MELLOR DEPORTISTA CON DISCAPACIDADE: ALEX VIDAL

13) MELLOR CLUB. Os nominados son:
• TRIATLÓN RIVEIRA
• SD XUVENTÚ AGUIÑO
• TAEKWONDO NATURAL SPORT VIDELGI

14) MELLOR DEPORTISTA MASCULINO. Os nominados son:
• MANUEL DAVILA LUSTRES (NATACIÓN)
• CARLOS BRIÓN SAMPEDRO (NATACIÓN E TRIATLÓN)
• PABLO LIJÓ SANTOS (PÁDEL)

15) MELLOR DEPORTISTA FEMININA. As nominadas son:
• MARÍA VILAS VIDAL (NATACIÓN)
• SABELA PENSADO PARADA (TRIATLÓN)
• ANA PELETEIRO BRIÓN (ATLETISMO)