Tuesday 25 de November de 2025

Alternativa critica a renuncia a 573.752,26 euros para a rexeneración da Praza Sagrada Familia


O Concello recibiu a subvención no ano 2022

A Deputación da Coruña resolveu no día de onte a eliminación dunha subvención de 573.752,26 euros para a rexeneración da Praza Sagrada Familia, en Vilaboa. Concedida no 2022, o Concello non licitou a obra ao longo destes últimos 3 anos.

Ante o requerimento da Deputación ao Concello para que presentase o contrato, desde a alcaldía informouse que estaba sen adxudicar polo que superado o prazo de 3 anos estipulado nas bases da convocatoria, a Deputación resolve a eliminación desta subvención.

É incomprensible que en 3 anos o Concello non xesitonase a contración desta obra, o que inicialmente dá lugar a perda da cantidade asignada, aínda que se poida recuperar no futuro para outras obras en Culleredo.

A rexeneración pretendía integrar o espazo na trama residencial, a instalación dun parque infantil cuberto, así como incrementar o número de árbores e prazas de aparcamento, gañando en accesibilidade e primando o uso peonil.

Dende Alternativa subliñan que unha maior planificación e previsión por parte do Goberno municipal impediría a perda desta financiación, especialmente tratándose dunha obra tan necesaria e agradada pola veciñanza da zona.

Deja un comentario