Tuesday 25 de November de 2025

Roi da Costa participa este venres no Novembro, mes do humor cun espectáculo de imitación e improvisación


Nova cita cos monólogos do Novembro, mes do humor. Este venres, ás oito do serán, subirá ao escenario da Casa da Cultura de Fene o monologuista Roi da Costa. Presentará A miña vida sendo outro, un espectáculo de imitación, interacción co público e improvisación no que o monologuista revela como é o día a día dun imitador, ofrecendo exemplos prácticos e situacións disparatadas. Coas súas múltiples personalidades, Roi exporá diversas preguntas e anécdotas para debater co publico.

A entrada ao espectáculo será de balde, con invitación que se poderá recoller (máximo dúas por persoa adulta) na conserxería da Casa da Cultura de Fene ese mesmo día a partir das 19 horas. Aforo limitado.

Roi da Costa é un actor, cómico e imitador. A súa experiencia en televisión é moi variada: comezou en 2012 en Padre Casares; en 2014 fixo un papel protagonista en Caseiros para a TVG; en 2022 participou na serie Un Asunto Privado para Amazon Prime. E, entre 2017 e 2022 participou no programa de variedades Luar como actor, imitador e creador de personaxes e sketches.

Seguindo o camiño das imitacións, entre 2020 e 2021 formou parte do programa de televisión Quen Anda Aí?, e en programas de radio para Radiovoz e Radio Galega. A súa última aparición foi na serie de Amazon Prime, Factum.

Deja un comentario