A Xunta de Galicia autoriza que Oleiros xestione os servizos de tempada na zona de dominio público marítimo-terrestre a partir de 2026.
A medida derívase do traspaso á Comunidade Autónoma das competencias en xestión do litoral e supón unha oportunidade e un reto para a acción do concello.
O Partido Popular de Oleiros considera que as posibilidades que implican para a xestión do litoral por parte o concello supoñen á vez un reto e un desafío, especialmente para un consistorio afeito a escusarse da inoperancia doutras administracións e confía que o concello saiba estar á altura das circunstancias.
O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar o pasado 14 de novembro a relación dos 17 concellos que xestionarán dita franxa de dominio público da costa -e entre os que se atopa Oleiros-, sendo a primeira vez que o Goberno autonómico asume a tramitación directa das solicitudes dos concellos interesados na explotación de instalacións, actividades, eventos e servizos de tempada, tras o traspaso efectivo a Galicia o pasado 1 de xullo.
No marco desta medida que permite a asunción das competencias do litoral, o Partido Popular organiza unha charla informativa para achegar a escala metropolitana os detalles desta transferencia conseguida polo Goberno galego. O evento terá lugar o próximo día 24 de novembro e aquelas persoas que estean interesadas en asistir en liña ao evento teñen que poñerse en contacto coa conta do PP de Oleiros (ppoleirossede@gmail.com).




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.