• A actividade contará con entrada libre e gratuíta e está programada no Local Social do Concello a partir das 17:30 horas.
O Concello de Cariño celebrará este mércores, 19 de novembro, unha timba feminista, unha actividade enmarcada na campaña comarcal ‘De Faro a Faro contra as violencias machistas’. Esta iniciativa, organizada de maneira conxunta polos concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira, realízase con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
A actividade consistirá no xogo participativo ‘Feminismos non tempo’, deseñado para situar acontecementos crave do movemento feminista ao longo da historia, fomentando o coñecemento e a reflexión colectiva sobre a loita pola igualdade. A cita terá lugar no Local Social da Casa do Concello a partir das 17:30 horas e conta con entrada gratuíta.
Más actividades polo 25N
Ademais desta timba feminista, a programación do 25N inclúe outras citas importantes no municipio cariñés. O domingo 23 de novembro levará a cabo unha marcha conxunta contra as violencias machistas en Ortigueira, que se desenvolverá entre as 11:30 e as 13:30 horas. Para facilitar a asistencia, ofrecerase un servizo de autobús gratuíto desde todos os concellos do Ortegal.
Por último, o martes 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, realizarase a lectura oficial do manifesto no Concello de Cariño a partir das 12:00 horas.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.