Monday 24 de November de 2025

O pleno abordará o xoves a proposta do goberno local para destinar os fondos do Pos+ Adicional


Ao Concello correspóndelle unha asignación de máis de 262.000 euros que se destinarían á mellora da rede viaria e de prazas públicas.

A Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno reuniuse hoxe para someter a ditame os asuntos que se elevarán ao Pleno ordinario de novembro que se vai celebrar este xoves.

A cuestión máis destacada foi a proposta da Alcaldía sobre a participación da Laracha na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) “Pos+ Adicional 4/2025”.
Ao Concello da Laracha correspóndelle unha asignación de 262.321,90 euros, que o Goberno Local pretende destinar a varios investimentos financeiramente sostibles centrados na mellora da rede viaria en estradas rurais e de prazas públicas nos núcleos urbanos.

Na Laracha está proxectada unha intervención no pavimento da céntrica praza Les Sables d´Olonne, un espazo que se emprega tanto para aparcamento de vehículos como para a realización de gran parte dos eventos festivos da capital municipal. En Caión levaríase a cabo a mellora do firme na praza Punta das Ondas, que está situada pola parte posterior da cetaria e na que existen unha decena de casetas de mariñeiros.

As melloras na rede viaria propostas localízanse nos núcleos do Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño), Erboedo de Abaixo (Erboedo) e Barbacán (Coiro), e na vía de Soutullo que comunica O Igrexario coa estrada da Xesta pasando polas Cardosas.

Deja un comentario