No pleno que vai a haber o xoves, Alternativa dos Veciños presenta unha moción para a realización de aloxamentos de alugueiro para estudantes universitarios e de formación profesional.
A situación das naves da Cros, pegado ao Campus da Universidade de A Coruña, reúne as mellores condicións para a construcción dunha residencia para estudantes.
É unha realidade innegable o insuficiente número de aloxamentos para estudantes no ámbito das universidades. Dita situación está a empezar a provocar que moitos estudantes desistan de acceder á estudos superiores ao non poder facer frente ás súas familias ao elevado custo dos aloxamentos.
A iniciativa poría en valor este patrimonio público, pero tamén o educativo e social, aportando vida ao centro do Burgo.
A Xunta de Galicia conta con fondos para a construcción de vivendas en réxime de alugueiro. Por parte do Ministerio de Vivenda prevese financiamento á longo prazo, de subvencións ata o 85% do valor da construcción, cun 30 % reenvolsable a 50 anos.
Desde Alternativa instase a todos os grupos da corporación a facultar ao goberno municipal para facer todas as xestións necesarias ante a UDC, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.