Os nenos e nenas de entre 3 e 11 anos teñen a posibilidade de participar os días 23, 24, 26 e 27 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas no Albergue municipal da Finca Tenreiro, en Nós. O obxectivo deste campamento é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais e tamén fomentar os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.
O prazo de preinscrición abre o luns 25 de novembro a través da web municipal. Se houbese máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo público na Fábrica.
MÁIS INFORMACIÓN: https://www.oleiros.org/actividades-infantiles/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/1430281




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.