Monday 24 de November de 2025

Neda despide este venres o ciclo “Tempo para o Teatro” con “Neura”, comedia sobre as loucuras cotiás


O Concello de Neda programa este venres, 28 de novembro, a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura a terceira e última obra do programa municipal “Tempo para o teatro”. Trátase de “Neura”, unha comedia que, segundo apuntan dende a compañía De ste xeito, “aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas”.

Na obra, protagonizada por Stephy Llaryora e Sergio Macías, dous “ex” volverán poñer a proba, por circunstancias da vida, a compatibilidade das súas neuras, tras evolucionar por separado e pasar por diferentes terapias e pseudoterapias.

As entradas para desfrutar desta comedia romántica, que pon sobre a mesa as manías e loucuras cotiás que moita xente comparte, poden reservarse e mercarse na Biblioteca municipal de Neda, de luns a venres de 9 a 13 e de 17 a 20 horas. O prezo das localidades é de 2 euros.
Neda coa neste ciclo cultural, centrado na promoción do teatro galego, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Deja un comentario