Sunday 23 de November de 2025

Laxe conmemora o 25N cun acto aberto no CPI Cabo da Area en defensa da igualdade e contra a violencia machista


A veciñanza está convidada a participar no acto institucional o 25 de novembro ás 11:00 h

O Concello de Laxe organiza este 25 de novembro, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, un acto institucional no CPI Cabo da Area, ao que están convidadas todas as persoas veciñas que desexen asistir.

O acto celebrarase ás 11:00 h e incluirá:

Lectura do Manifesto do Concello de Laxe, reafirmando o compromiso municipal co apoio ás vítimas e o rexeitamento rotundo ante calquera forma de violencia machista.

Lectura do Manifesto do CPI Cabo da Area, amosando tamén o compromiso da comunidade educativa coa igualdade e coa prevención das violencias.

Actuación do alumnado do CPI Cabo da Area, que participará activamente nesta xornada de sensibilización.

Desde o Concello de Laxe faise un chamamento á participación cidadá para fortalecer, de forma colectiva, a defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista.

Ademais, infórmase de que o 17 de decembro, o CPI Cabo da Area programará no centro o espectáculo teatral “Golpes”, da actriz Estíbaliz Veiga, no marco da súa actividade educativa de sensibilización relacionada co 25N.

Deja un comentario