Haberá charlas inspiradoras, exposicións, networking, mesas redondas e premios dun total de 8.000 euros
O Concello da Coruña organiza o II Encontro de Emprendemento, unha iniciativa que busca reactivar a actividade emprendedora na cidade e visibilizar os proxectos que están a construír o futuro empresarial coruñés. “Desde o Goberno de Inés Rey estamos plenamente comprometidos co noso tecido empresarial e, como amosa esta iniciativa, buscamos incentivar ás pequenas empresas para que as súas iniciativas acaden éxito”, indicou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.
Este evento, que terá lugar o vindeiro venres 29 de novembro, está dirixido a entidades que traballan no ámbito do emprendemento e a proxectos empresariais que teñan iniciado a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2023, sempre que desenvolvan a súa actividade no termo municipal da Coruña.
O encontro ofrecerá un espazo de exposición e interrelación entre emprendedores, entidades e o Concello, promovendo a cultura emprendedora, o intercambio de experiencias e a posta en valor dos recursos locais. Ademais, os proxectos participantes poderán optar a catro premios económicos: premio ao proxecto máis innovador de 3.000 euros, premio ao mellor proxecto de economía social de 3.000 euros e dous premios ao proxecto con maior impacto local de 1.000 euros cada un.
A selección dos proxectos gañadores será realizada por unha comisión de valoración composta por persoal técnico municipal e representantes das entidades participantes. Os criterios de valoración inclúen a madurez da idea, a innovación, a viabilidade técnica e económica, a experiencia do equipo e o impacto territorial. Con esta iniciativa, o Concello da Coruña reafirma o seu compromiso co emprendemento como motor de desenvolvemento económico e social da cidade.
O programa da xornada é o seguinte:
● 10:30 a 11:00 – Acceso ao recinto e ás casetas e entrega de acreditacións (Entidades e proxectos emprendedores participantes). Benvida informal.
● 11:00 a 11:30 – Acto de apertura institucional. Presentación a cargo de Ainhoa Mallo.
● 11:00 a 19:00 – Exposición de proxectos “Rúa Emprende” aberta ao público. Contactos coas entidades colaboradoras e cos proxectos emprendedores participantes.
● 11:30 a 13:00 – 1ª Sesión “asesoramentos express” sobre financiamento e finanzas éticas a cargo de Helena Sanmamede Maneiro (require inscrición previa).
● 13:00 a 14:00 – Charlas Inspiradoras “Historias que inspiran”. Presentación a cargo de Ainhoa Mallo. o Relatores:
▪ María Fernández Castelo (A Axencia do Camiño) – “De idea a realidade, o meu camiño emprendedor”
▪ Álvaro Enríquez (DUACODE) – “Como fracasamos e aprendemos”
▪ Raquel Maquieira (91 Graos) – “O que me gustaría saber antes de empezar”
▪ Pablo Rodríguez (Risco Estudo) – “Innovar desde a artesanía”
● 14:00 a 15:30 – Xantar-networking. Pausa-xantar para fomentar as relacións entre as persoas que participan no encontro, en representación de entidades e de proxectos emprendedores (no espazo habilitado).
● 15:30 a 16:30 – Mesa Redonda “Construíndo Ecosistema” coa participación das entidades de apoio ao emprendemento.
● 16:00 a 17:30 – 2ª Sesión “asesoramentos express” sobre organización e empresa a cargo de Fernando Soto (require inscrición previa).
● 17:30 a 18:30 – Actividade de networking “Conecta e Emprende”. Bingo de habilidades conducido por Aida Cordeiro.
● 18:30 a 19:00 – Entrega de premios e peche do II Encontro de emprendemento



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.