Esta primeira xuntanza serviu para poñer en común a situación de cada entidade
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, mantiveron nesta semana unha xuntanza de traballo coas distintas comisións de festas que operan no municipio co obxectivo de coñecer a súa situación.
Esta reunión serviu para que expuxesen conxuntamente as súas dúbidas e necesidades, ademais de coñecer como traballa cada unha das entidades: organización dos espazos destinados a postos e atraccións, posibilidades de financiación, elaboración de plans de seguridade e seguimento dos mesmos.
Tamén se consensuaron os días que inicialmente terán lugar as celebracións para que, na medida do posible, no vindeiro ano non se solapen con outras.
A preocupación xeral foi a relativa aos gastos comúns que se repiten nalgunha das comisións como, por exemplo, as taxas de ocupación.
A rexedora tamén se comprometeu a estudar a viabilidade de incrementar nos vindeiros orzamentos a contía que concede a Administración local a cada comisión para axudar a sufragar parte dos gastos das festas, ademais analizar maior apoio loxístico.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.