A Biblioteca municipal de Neda acolle o xoves 27 de novembro, a partir das 17:30 horas, o obradoiro infantil “Ramas literarias”. Trátase dunha proposta, que conta co apoio da Deputación, na que se convida aos nenos e nenas a realizar unha creación plástica, inspirándose en historias ou libros importantes na súa vida literaria.
A iniciativa, destinada a veciños e veciñas de entre 6 e 11 anos, pretende que a rapazada reflexione sobre as mellores historias que ten lido e personalicen o tronco e as ramas dunha árbore, realizada con materiais variados que se facilitarán na sesión, con elementos escritos ou decorativos que teñan relación con elas.
Como as prazas serán limitadas, as familias que queiran que os seus fillos ou as súas fillas participen neste obradoiro, incluído no programa “Actividades da biblioteca da Deputación nas bibliotecas da provincia da Coruña”, deberán apuntalos canto antes chamando ao 981390233 ou achegándose ao propio espazo cultural (luns a venres, de 9a 13 e de 17 a 20 horas).




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.