· Está prevista para o venres 28 de novembro ás 19 horas, na DP0105 á beira do Hotel Luso.
· Realizarase de novo baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non mutílase”.
O Concello de Bergondo convocou a segunda manifestación contra o proxecto do Ministerio de Transporte para o ‘ramal de conexión entre as liñas de ancho ibérico León – A Coruña e Betanzos Infesta-Ferrol’, que implica a supresión do Bypass de Infesta.
Faio tras manifestarse por primeira vez o 28 de outubro e logo de recorrer a decisión do Ministerio de non contemplar a alternativa proposta polo goberno local para o proxecto de supresión do baipás de Infesta ao concluír que “a alternativa 5s proposta non resulta viable tecnicamente”.
A manifestación está prevista para o vindeiro venres, 28 de novembro, ás 19 horas, na DP-0105, á beira do Hotel Luso, e realizarase baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non mutílase’.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.