• A representación será este domingo, 23 de novembro, ás 19.00 horas.
O Concello levará ao Cine Elma As desterradas, a obra gañadora do 25ª Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. A función, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, terá lugar este domingo, 23 de novembro ás 19.00 horas.
As desterradas está ambientada no século XVI, e conta a historia dunha pequena comunidade de monxas que se ve ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Para rematar coa existencia das freiras, os señores da Igrexa están dispostos a difamalas e a ameazalas por todos os medios, recorrendo ao tribunal da Inquisición ou mesmo á violencia. Con este thriller, a autora, Carme Varela, buscou reconstruír os tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas.
O acceso á actividade, encadrada no Outono Cultural da Pobra, será gratuíto e libre ata completar a capacidade da instalación.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.